Skip to main content
O Incio

A Residencia do Incio gaña o concurso de postais da Fundación San Rosendo

Por 30 Decembro, 2021Decembro 31st, 2021Sin comentarios

A Fundación San Rosendo organizou outro ano máis un concurso de postais. Nesta ocasión baixo o título de “Una nueva Navidad”. O obxectivo de dito certame era o de compartir mensaxes de esperanza de cara ao novo ano a pesar da distancia.

A postal gañadora foi a presentada pola Residencia do Incio para persoas con discapacidade, polo que se converterá na felicitación corporativa da Fundación.

En total, presentáronse máis de 150 postais á que era a IX edición do certame. Esta iniciativa está promovida pola Fundación San Rosendo e La Región e, conta co patrocinio de Inditex.

O concurso naceu como unha actividade que fomentaba a participación das familias nas actividades dos centros, convidando a que realizaran unha postal. Este ano, por mor do virus, os usuarios tiñan que reflectir nas súas postais como se está a vivir a nova normalidade das residencias e a conexión coas familias incluíndo unha mensaxe de ánimo.

A elaboración de postais de maneira manual supón enormes beneficios para os maiores, xa que axudan na estimulación cognitiva, mellora a psicomotricidade, fomenta a socialización, apoia a elasticidade e mobilidade que mingua co paso dos anos.