Skip to main content
LáncaraSarria

Alta participación no Torneo de Seleccións Territoriais de balonmán

Por 7 Decembro, 2021Sin comentarios

O Torneo de balonmán Sarria-Láncara tivo lugar no Pavillón de Pobra de San Xillao e no Pavillón de Sarria os pasados días 5 e 6 de decembro. Aquí enfrontáronse as seleccións galegas coas de Asturias.

O día 5 celebráronse diversos partidos entre os que se encontrada o da selección galega cadete feminina que venceu de forma clara e facendo un bo xogo a Asturias (43-20). Non tivo a mesma sorte a selección galega infantil feminina, que non puido con Asturias. As rapazas dirixidas por Ana Alonso caeron (31-21). Para rematar a xornada no Torneo Galicia sumou outra vitoria por parte da selección galega xuvenil masculina cun resultado final de 30-25.

O luns día 6 de decembro seguiu a celebración do Torneo de Seleccións Territoriais Galicia-Asturias. No primeiro partido, a selección galega infantil masculina caeu pola mínima cun marcador de 29-30. A mesma sorte correu o equipo cadete que novamente perdeu por un gol contra o equipo asturiano da mesma categoría (31-32). Para poñer fin a este campionato, a selección galega xuvenil feminina acadou o éxito tras un partido moi axustado que rematou con empate no marcador. O triunfo chegou despois de xogar os penaltis cun marcador final de 35-32.

Estes partidos serviron como adestramento e preparación cara ao CESA 2022 que se celebrará a comezos de ano.