Skip to main content
Láncara

Volve por segundo ano o concurso de decoración ‘Láncara contigo no Nadal’

Por 13 Decembro, 2021Decembro 14th, 2021Sin comentarios

Por segundo ano, o Concello de Láncara presenta o Concurso de Decoración de Nadal Láncara contigo no Nadal que está dirixido a Asociacións, grupos, comerciantes e particulares do Concello de Láncara.

Esta iniciativa busca fomentar a participación activa dos cidadáns de Láncara e colaborar na inculcación dun ambiente decorativo de Nadal baseado en valores como o traballo xuntos, a igualdade, a fraternidade ou a cooperación, dispoñer de elementos decorativos que proporcionen á localidade un ambiente acolledor e emocionante de Nadal, dar un papel activo aos cidadáns e grupos como fonte de desenvolvemento e intervención comunitaria na localidade, fomentar eses valores locais que se expoñen nas diferentes decoracións de Nadal, promover o uso de materiais reciclables como recurso educativo para os cidadáns a través da transformación do espazo.

Este concurso establece dúas categorías, a categoría familiar que está dirixido a todas aquelas persoas que realicen a súa montaxe no seu balcón, ventá, porta, fachada da casa ou xardín exterior, poden participar neste concurso. E a categoría colectiva na que poderán participar as empresas, asociacións, grupos ou empresas privadas situadas no concello e que realicen a súa montaxe dentro do propio termo municipal, ben sexa unha comunidade de veciños, un barrio, rúa ou praza. Os participantes ceden o dereito de imaxe da súa decoración ao Concello de Láncara.

A decoración terá que estar relacionada coa festividade do Nadal e os motivos tradicionais das mesmas, tendo os participantes total liberdade en canto a estilo e técnica. Para esta decoración pódense empregar todo tipo der materiais.

As persoas interesadas en participar deberán realizar as inscricións dende hoxe 13 de decembro ata o 21 de decembro no enderezo de correo electrónico concello.lancara@eidolocal.es

Os elementos decorativos deberán permanecer expostos dende o 21 de decembro ata o 8 de xaneiro. Nas obras e decoracións expostas debe reflectirse o nome do concurso “Láncara contigo no Nadal”.

Valorarase o deseño, a orixinalidade, a iluminación, o fomento dos valores locais, a cantidade e tipo de materiais reciclables empregados e o contido didáctico do proxecto.

Haberá un premio por cada categoría. O premio da categoría colectiva será un vale para gastar nos comercios do concello valorado en 300 euros mentres que a categoría familiar será un vale para gastar nos comercios do concello cun valor de 200 euros.