Skip to main content
Abadín

Os socialistas de Abadín reclaman o arranxo das varandas da área recreativa da Roxica

Por 12 Decembro, 2021Sin comentarios

O Partido Socialista de Abadín criticou o estado no que se atopan as varandas de protección na área recreativa da Roxica en Gontán.

Segundo explican os concelleiros da oposición, fai exactamente un ano fixeron a misma demanda e o alcalde comprometérase a arranxalo “pero todo segue igual ou aínda peor”, afirman.

Polo tanto, dende este grupo esixen ao goberno local que se proceda ao arranxo urxente dos elementos de protección que garantice a seguridade dos seus usuarios.