Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

O Concello de Friol vén de aprobar un orzamento inicial duns 4.000.000 de euros

Por 31 Decembro, 2021Xaneiro 2nd, 2022Sin comentarios

O Concello de Friol vén de aprobar un orzamento inicial para o vindeiro ano 2022 duns 4.000.000 de euros. O capítulo dedicado a inversións está dotado dun importe inicial duns 800.000 euros e representa mais do 20,00% da totalidade do orzamento.

É a única vez na historia de Friol, que nesta administración local, o importe dos orzamentos iniciais de ingresos, de tres exercicios consecutivos, neste caso os correspondentes as anualidades de 2019, 2020 e 2021, superan os 3,5 millóns de euros.

O equipo de Goberno de Friol co seu alcalde José Á. Santos á fronte presentaron uns orzamentos ambiciosos para este ano en materia de investimento, son uns orzamentos moi estudados e rigorosos, todo en beneficio dos veciños. O orzamento municipal para o exercicio de 2022, ascende a 4.000.000 de euros no seu estado de ingresos, preséntase cun superávit inicial de 14.810,41 euros.

A carga fiscal non aumenta en relación coas taxas de abastecemento de auga ou cemiterio municipal, sumidoiros, postos de feira ou uso das piscinas municipais. Tampouco é o prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar e do punto de atención á infancia. Nin se incrementan os tipos impositivos establecidos nas vixentes ordenanzas municipais para a recadación do IBI de urbano, rústico, de bens de características especiais e do imposto sobre vehículos de tracción mecánica.

En relación co IBI de rústica, mantense a bonificación co máximo que permite a Lei, un 95%, da cota íntegra do imposto, nos casos dos bens co destino a actividade agraria, co fin de favorecer ao sector primario. Esta bonificación xa alcanza a 8.358 parcelas en todo o termo municipal. Supón unha diminución nos ingresos municipais de máis de 48.000,00 euros, que se quedan no fomento do sector primario.

En canto ao gasto de persoal, as cifras son extremadamente baixas, tanto que son unha porcentaxe do 24,80%, posiblemente unha das máis baixas da provincia, na que tamén están contemplados os custes da posta en marcha do GES – Grupo de emerxencia supramunicipal-, que comprende a área xeográfica dos municipios de Begonte, Friol, Guitiriz, Outeiro de Rei e Palas de Rei, e que contará con 12 postos de traballo, para o funcionamento do GES, está previsto recibir das administracións participantes, máis de 270.000,00 euros, como tamén está previsto que no próximo ano, tome posesión a persoa que supere a selección para cubrir a praza de Vixiante Municipal.

O capítulo segundo de gastos correntes en bens e servizos, representa o 42,68 % do total 1.658.085,05 euros. Con toda esta partida, “damos cobertura ao mantemento en bo estado das vías públicas municipais, dedicando a política de gasto de infraestruturas unha cantidade inicial duns 400.000 euros. Do mesmo xeito, o mantemento, renovación e consumo dos alumeados públicos, con máis de 3.500 puntos de luz en todo o municipio, traída de augas, maquinaria municipal, edificios públicos, recollida e traslado dos residuos e o seu tratamento; todo o que se corresponde co benestar comunitario, alcanza a cifra de 552.543,90 euros”, comentou o rexedor friolés.

Segundo comenta o José Á. Santos, “temos moi en conta a promoción e fomento da educación, cultura e deporte, sabemos que, de novo, iniciamos o ano con limitacións que, de momento, non nos permitirán levar a cabo varios dos programas e actuacións que víñamos celebrando todos os anos. Pero orzamentariamente estamos preparados y témolos en conta para o ano 2022, sempre na medida en que o covid-19 no lo permita, respectando todas as directrices sanitarias que nos indiquen, tal e como fixo toda a poboación de este municipio de maneira exemplar, e na mesma liña continuaremos. Ou sexa para as políticas de gasto en sanidade, educación, cultura e deporte, dispoñemos de 382.350,16 euros”.

O alcalde continua facendo unha mención especial para o servizo de axuda a domicilio (persoal, prestación básica non dependentes, dependentes), ou sexa todo o que abarca a política de gasto denominada Servizos sociais e promoción social, dotada cun importe de 755.108,67 euros, case o 20 por cento do Orzamento. “É a xente máis vulnerable e a máis necesitada, e queremos que de ano en ano, melloren as súas condicións de vida. Así como tamén está previsto o mantemento da unidade de atención temperá, contaremos coa aportación da Xunta de Galicia con máis de 125.000 euros”, di Santos.

Mantéñense as axudas a natalidade con 1.200 euros por nacemento, o 50% dos custes notariais por permuta de fincas no ano 2022, contarase cun novo servizo, pois Friol pasou a formar parte das escolas municipais de música, que xa están en marcha en algún Concello limítrofe, a través da Asociación Músico Crisanto. Neste capítulo, supérase os 100.000,00 euros, unha cantidade moi xenerosa para un municipio das características de Friol.

Aínda que a liquidación do ano 2021 non está rematada, estímase obter un remanente de mais de 650.000 euros, cantidade que poderemos destinar este ano 2022 se fose necesario.