Skip to main content
A Pastoriza

Arcado Falcón actúa este sábado na Pastoriza

Por 3 Decembro, 2021Decembro 23rd, 2021Sin comentarios

Tras unha exitosa xira estival que o levou por Vigo, Coruña, Sanxenxo e Arzúa, ademais do mítico Club Clavicémbalo en Lugo, Arcadio Falcón volve a Galicia para un concerto especial. Será na Pastoriza, onde ten as súas raíces maternas.

Interpretará cancións do seu ultimo traballo, Mr. Dylan, ademais de repasar a súa discografía orixinal (2 discos editados en Spotify).

O concerto de Arcadio Falcón and The Bandits terá lugar no Fogar de Maeloc ás 20.00 horas con entrada gratuíta ata completar o aforo.