Skip to main content
Trabada

O Concello de Trabada crea unha bolsa de emprego para persoal do SAF

Por 27 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O Concello de Trabada vén de crear unha bolsa de emprego para a contratación temporal de auxiliares para o servizo de axuda no fogar mediante a contratación laboral temporal do propio Concello.

O sistema de selección é o concurso- oposición e as persoas aspirantes a tomar parte no concurso deberán ser españolas, ter cumpridos os 16 anos e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa, contar co título de formación profesional de grao medio de atención sociosanitaria ou equivalente, posuír permiso de conducir tipo B e poder acreditar coñecemento da lingua galega.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 1 de febreiro de 2022 e pode consultarse toda a información no seguinte enlace.