Skip to main content
Xove

Rematas as melloras na sala multideportiva de Xove

Por 22 Xaneiro, 2022Xaneiro 23rd, 2022Sin comentarios

O Concello de Xove vén de rematar as obras de mellora na sala multideportiva anexa ao ximnasio. Estas tarefas consistiron na climatización e aireación da mesma cunha dobre instalación de aire climatizado por un lado e filtrado por outro.

Dende marzo de 2020, debido á covid, a sala estivo prácticamente sen utilizar e para solucionar este problema, dende o Concello pensouse que o mellor era climatizala.

A instalación realizada ten unha capacidade de aportación de aire de 800 metros cúbicos hora, pensado para unha ocupación de 25 persoas facendo deporte ao mesmo tempo.

O orzamento total foi de 10.258,80 euros, financiados integramente polo Concello.

Nesta sala multideportiva realizanse ao longo de todo o ano adestramentos dalgúns deportes como fitness, aerobic, ximnasia de  mantemento ou karate.