Skip to main content
Lugo

O espectáculo humorístico Noites de Retranca que tería lugar hoxe, 7 de xaneiro, foi aprazado

Por 7 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O espectáculo de humor por excelencia Noites de retranca que ía ter lugar no día de hoxe, 7 de xaneiro, no Gustavo Freire de Lugo foi aprazado e a nova data está por determinar.

Os actores e cómicos Luis Zahera, Manquiña e Víctor Fábregas estaban a piques de celebrar cos lucenses o aniversario do espectáculo, Noites de retranca, que cumpre 12 anos.

LUÍS ZAHERA
O actor galego que gañou un Goya no 2019 pola súa interpretación en “El reino”. Saltou a fama en Galicia grazas ao seu papel de Petróleo na serie da TVG Mareas vivas. A súa traxectoria profesional continuou coa súa participación en numerosas películas, series, obras de teatro e curtametraxes, converténdose así nun dos actores máis queridos do panorama galego debido a súa relevancia estatal.

MANUEL MANQUIÑA
Manuel Manquiña é un actor vigués que comezou a súa andadura no mundo da interpretación nos anos 80. Participou en programas humorísticos da Televisión de Galicia e varias películas dirixidas por directores galegos, saltou á fama grazas ao papel que interpretou Airbag que lle valeu unha nominación aos Goya. Conta no seu curriculum con máis de 30 películas intervindo en títulos destacados do cine español.

VÍCTOR FÁBREGAS
Este actor galego comezou no teatro afeccionado na súa infancia, cursou Dereito, diplomouse en Maxisterio de Educación Primaria. Tras esta etapa, trasladouse a Alcalá de Henares onde tivo a oportunidade de facer incursións no teatro clásico español. Anos despois regresou a Galicia como actor no programa “Con Perdón” onde tamén levou a cabo labores de guionista. Aí foi onde coñeceu ao que sería o seu compañeiro durante os próximos anos Roberto Vilar creando aos Tonechos.