Skip to main content
Lugo

Ampliado o prazo da exposición Peinó 100 no Vello Cárcere

Por 8 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O día de onte, 7 de xaneiro, sería o derradeiro no que as obras de Luís Ferreiro Peinó estiveran no Vello Cárcere de Lugo. Trala boa acollida do público, decidiuse ampliar o prazo de exposición e, finalmente, permanecerá na cidade lucense ata o próximo 17 de febreiro.

LUÍS FERREIRO PEINÓ
Luís Ferreiro Peinó foi un home intimamente ligado á madeira. No 1938 estreouse como tallista e vinte anos máis tarde comezou a compatibilizar dita profesión coas súas inquedanzas artísticas. O resultado foi a creación de, aproximadamente, duascentas esculturas durante os anos que viviu entre gubias e labras.

O escultor lugués faría neste 2021 cen anos, por iso a mostra é tan especial e amosa toda unha restrospectiva, así como tamén diversos aspectos biográficos de tan prolífico artista.

As obras do artista están dispostas ao longo de nove das antigas celas de mulleres no 1o andar. A gran maioría da mostra está conformada polas súas mellores esculturas, mais tamén se poderán coñecer aspectos biográficos e obras realizadas con técnicas e materiais diferentes á escultura e á
madeira.