Skip to main content
Lugo

O Botafora unirá tradición, xogos e deporte os xoves pola noite en Lugo

Por 12 Xaneiro, 2022Xaneiro 13th, 2022Sin comentarios

Bolos Celta Muralla organiza todos os xoves de 20.00 a 00.00 horas o Botafora, uns xogos co que buscan pasar un bo rato onde se une a tradición, o deporte e a interacción entre persoas. Ademais, os participantes teñen a oportunidade de gañar un xamón.

Esta actividade terá lugar na rúa da Industria 8 no Polígono do Ceao.

Xogarase de maneira individual e, para participar hai que ser maior de 16 anos. O torneo ten unha duración estipulada previamente, se ao cumprise o tempo hai unha partida en xogo, rematase contabilizando a todos os efectos.

Os participantes anotaranse por orde de chegada, no punto de información onde darán os datos necesarios (nome, apelidos e DNI). Se o participante non está presente cando sexa a súa quenda de xogo chamarase ao seguinte na lista.

Pasará a ser o gañador da partida o participante que acade os 60 puntos, o que lle da dereito a xogar a seguinte partida contra o seguinte participante da lista de xogadores. Se unha vez xogadas cinco tiradas ningún dos participantes obtivera a puntuación necesaria, clasificarase aquel que obtivese un maior número de puntos na partida. O participante eliminado recollerá e colocará os bolos na lastra nas dúas partidas posteriores a súa eliminación.

O participante que consiga gañar 4 partidas, de maneira consecutiva, terá dereito á tirada do xamón, unha vez rematado o torneo. O participante que consiga esta clasificación non poderá seguir xogando.

TIRADA DO XAMÓN

A tirada do xamón consistirá en unha tirada na que o participante deberá superar os 50 puntos, nese caso conseguiría directamente o premio. Se varios participantes conseguen os 50 puntos, levarase o xamón aquel que consiga a maior puntuación nesa última tirada. Se hai empate, repetirase o tiro. E, se no período do mes ningún participante resultase gañador do xamón, premiarase aquela tirada que obtivese a maior puntuación.