Skip to main content
Lugo

Os lucenses seguen recibindo sobrecustes nas facturas da auga

Por 19 Xaneiro, 2022Sin comentarios

Os contadores da auga seguen a causar estragos entre a veciñanza lucense. Durante os últimos dous anos, a maioría das queixas que recibe o Concello son dos sobrecustes na factura da auga debido a erros nas lecturas de contadores.

No último informe da Comisión de Suxerencias, correspondente ao mes de decembro, seguen aumentando as peticións de veciños para que se lles devolva o cobrado de máis no recibo da auga, xa que de 39 queixas recibidas, 16 correspondían a importes excesivos nas facturas.

Debido a esta situación o Grupo Popular de Lugo insiste en que é necesario auditar todos os recibos da auga que se emitiron nos últimos dous anos. O voceiro popular Ramón Carballo fixo esta petición logo de comprobar que seguen a chegar reclamacións de sobrecustes por erros nas lecturas de contadores “un problema que o bigoberno arrastra dende hai dous anos e que lonxe de solucionarse segue sendo unha realidade que afecta a un gran número de lucenses”.