Skip to main content
Lugo

Continúa a campaña Localmente Lucense co stand móbil que agasalla unha bolsa reutilizable

Por 21 Xaneiro, 2022Sin comentarios

A tenente de alcaldesa e edil de Desenvolvemento Local, Ana Abelleira, visitou este xoves o stand móbil que o Concello de Lugo instalou con motivo da campaña de rebaixas dentro do movemento Localmente Lucense, promovido pola alcaldesa cun investimento dun millón de euros, co obxectivo de impulsar a economía dos barrios de Lugo, a través de fortalecer e incentivar a compra nos comercios e na hostalería da cidade.

Ana Abelleira explicou que “este stand percorrerá, ata o vindeiro 31 de xaneiro, os diferentes barrios da cidade; nel todas as persoas que presenten un tícket de compra, dun mínimo de 5 euros dalgún dos establecementos adheridos ao movemento Localmente Lucense, recibirán como agasallo unha bolsa reutilizable coa imaxe da campaña”.

Deste xeito, explicou a edil “queremos premiar e agradecer o compromiso dos cidadáns cos establecementos de proximidade da cidade, que son os que dan vida aos nosos barrios e o motor da nosa economía”. Ademais, tal e como apuntou, tamén se habilitou un espazo fixo no viveiro de empresas da Tinería, nº 36, onde se poderán presentar os tíckets con data de validez dende o 13 ata o 31 de xaneiro.

A maiores, as persoas que se inscriban na web www.localmentelucense.gal -onde tamén se encontra o listado de establecementos participantes- poderán participar nunha ruleta da fortuna que, mediante un pulsador, adxudicará un premio seguro, desde chapas e adhesivos a 250 experiencias que consisten en lotes de produtos ou servizos ofrecidos polos locais asociados ao movemento (comidas, roteiros de tapas, experiencias de saúde e benestar, beleza e estética, etc.).

O horario de atención será de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas en ambos puntos. Os emprazamentos e datas do recorrido do stand móbil son as seguintes: venres 21 de xaneiro na Rúa Ourense (Cruce con Rúa Lamas de Prado, Rúa dos Gardas e Rúa Quiroga). O luns 24 de xaneiro na praza Mártires de Carral, o martes 25 de xaneiro na rúa Doutor Rafael de Vega (cruce con rúa Montero Ríos). O mércores 26 de xaneiro en Camiño Real (Cruce con Rúa Esquecemento), o xoves 27 de xaneiro na ronda das Fontiñas (Cruce con Rúa San Xillao), o venres 28 de xaneiro na praza do Rei, o luns 31 de xaneiro estará na Ponte Vella de Lugo.

Sorteo de 250 experiencias e premios
Para participar no sorteo deberán seguirse os seguintes pasos: realizar unha compra por importe mínimo de 5€ en calquera dos establecementos adheridos ao movemento Localmente Lucense. Validar o ticket de compra no stand móbil ou no stand permanente. Estar inscrito na web da campaña; en caso contrario, poderá inscribirse escaneando un código QR que se proporcionará no stand. Unha vez realizada a inscrición, recibirase un email na conta de correo que se deberá mostrar ao persoal de atención. A partir dese momento xa se poderá participar dándolle ao “pulsador” do “Carrusel de Premios” e ser un dos agraciados.

En total, sortearanse 250 experiencias consistentes en: 30 Rutas de Tapas; 20 Catas de Viño; 20 Catas de Queixo; 20 Catas de Produtos autóctonos; 20 Catas de Cervexa; 60 Experiencias de Saúde e Benestar; 25 Experiencias de Beleza e Estética; 60 Visitas guiadas “A Identidade dos teus barrios”; 20 Rutas de Shopping.

As datas de desfrute das experiencias serán entre o 25 de febreiro e o 30 de xuño de 2022. Ademais, os participantes entrarán no sorteo de 2.500 chapas e 12.000 adhesivos de diferentes deseños exclusivos da campaña “LocaLmente Lucense”.