Skip to main content
Comarca RIBEIRASACRAXA

O destino turístico da Ribeira Sacra estrea novo logotipo

Por 24 Xaneiro, 2022Xaneiro 25th, 2022Sin comentarios

A Ribeira Sacra aproveitou o Fitur 2022 para dar a coñecer o seu novo logotipo como destino turístico. Este está formado follas de árbore que compón unha estrela co fin de unificar os conceptos cos que se identifica a comarca: natureza, sostibilidade ambiental e patrimonio.

O novo logo foi acordado polo consorcio de turismo e a asociación Ribeira Sacra Rural. Esta nova folla de márketing ten como obxectivo dar a sensación nunha imaxe de todos os valores que ten a Ribeira Sacra entre os que se atopa a natureza, o patrimonio, o turismo, a sostenibilidade, a unión e o territorio. Todo isto está representado nesta nova imaxe. A natureza e o patrimonio están representados a partir das follas que tamén están reflectidas en moitas das edificacións eclesiásticas da zona que forman parte do patrimonio. Por outra banda o territorio e a unión están representados na forma circular e a estrela que recorda a Unión Europea. A maiores, a estrela, é unha sinal de calidade no turismo.

Ademais, no acto fíxose referencia ao bo momento que está a vivir a Ribeira Sacra. Nos últimos anos co aumento do turismo rural, a Ribeira Sacra foi un dos destinos máis demandados polos turistas. Asemade, a recente declaración da Ribeira Sacra como reserva da biosfera pon en valor o patrimonio da zona, recoñece a riqueza medioambiental e atrae aos visitantes.