Skip to main content
Carballedo

O Fogar Residencial e o Centro de día de Carballedo abre o prazo de preinscrición

Por 11 Xaneiro, 2022Sin comentarios

Dende o día de onte os veciños que o precisen poden solicitar as prazas para o Fogar Residencial e o Centro de día. Este é un período de preinscrición para solicitar unha das prazas destes servizos que apoian e axudan aos máis maiores do Concello de Carballedo.

Os veciños que desexen coñecer o funcionamento e as características dos servizos que se ofertan poden acudir tanto as oficinas municipais ou chamar aos servizos sociais ao número 982 466 201.

O centro asistencial ofrecerá un coidado achegado e personalizado a cada residente polo persoal cualificado. O fin é crear un ambiente agradable e cálido para que os veciños estean cómodos e conten cun trato familiar.

Obradoiros, actividades que melloren a mobilidade, exercicio, excursións… son algunhas das actividades que se levarán a cabo en ambos centros. O fogar residencial estará dirixido a aquelas persoas que queiran atención 24 horas con pernoita mentres que o centro de día será un servizo que axudará aos maiores a sentirse acompañados evitando o seu internamento.