Skip to main content
O Incio

A Asociación de Autocaravanas de Galicia inaugurará a área de autocaravanas do Incio

Por 13 Xaneiro, 2022Xaneiro 14th, 2022Sin comentarios

A Asociación de Autocaravanas de Galicia organiza para este fin de semana unha concentración co fin de inaugurar a área de autocaravanas do Incio. A cita terá lugar os días 14, 15 e 16 de xaneiro.

O venres 14 pola tarde noite terá lugar a recepción dos participantes na área de Autocaravanas na rúa Camiño Moa do Incio.

A programación continuará o sábado 15 de xaneiro coa recepción do alcalde do Incio na Casa do Concello, presentarase o municipio, as actividades que se poden realizar nel, as rutas e os lugares de interese. Ás 11.00 horas, dese mesmo día, terá lugar a inauguración da área de autocaravanas na Cruz do Incio. Xa pola tarde, os participantes terán unha visita guiada a Cruz do Incio e a Igrexa de San Pedro Fiz de Hospital, ademais, visitarase Trascastro-Aldea Modelo.

O domingo 16 de xaneiro, pola mañá, realizarán a pé a Ruta do Ferro acompañada dunha explicación xeolóxica.

Para poder participar neste programa é imprescindible anotarse á ruta antes das 15.00 horas do venres 14 de xaneiro e asistir en autocaravana.

A inscrición pode realizarse na APP ou na páxina web https://aga.playoffinformatica.com/actividad/52/CONCENTRACION-O-INCIO/ ou por Whatsapp no número 605 802 805 indicando o número de socio e número de persoas que se apuntan a actividade.

ÁREA AUTOCARAVANAS
A actuación formou parte das obras de acondicionamento do contorno do edificio multiusos do Incio, adxudicada en virtude dun acordo de colaboración entre o Concello e a Xunta.