Skip to main content
O Incio

O Campo do Carboeiro pasa a ser un espazo cardioprotexido

Por 18 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O campo do Carboeiro conta cun desfibrilador que aporta maior seguridade para os xogadores e veciños converténdose nun dos poucos campos da provincia cardioprotexido. O Concello conta con outro destes aparellos na casa consistorial.

Aínda que os causantes da morte súbita son diversos e ninguén está exento, existe unha relación moi estreita entre o fútbol e os fallos do corazón. Este deporte esperta a paixón en millóns de persoas e as emocións intensas que se viven nun partido de fútbol fan que xogadores e afeccionados sexan susceptibles de sufrir un paro cardíaco repentino.

O desfibrilador non substitúe a acción do especialista médico. Con todo, se o corazón de alguén deixa de funcionar, contar cunha unidade á man, sen ningunha dúbida marca a diferenza entre a vida e a morte.

Se o equipo sanitario non se atopa preto, calquera persoa poderá facer uso dun desfibrilador externo semiautomático DESA. Con todo, tras conectalo a un desfibrilador, este mesmo ten a capacidade de identificar se, en efecto, está a sufrir dun paro ao corazón.

O desfibrilador non só diagnostica que sucede, senón que tamén asegura a supervivencia da vítima, sinalando o paso a paso para poder reanimala. Como cada segundo conta, esperar á chegada dos expertos sen actuar, podería traer consecuencias fatais para a vítima.