Skip to main content
O Incio

Outeiro no Incio retoma a súa festividade de San Blas

Por 26 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O vindeiro 5 de febreiro Outeiro no Incio volverá a celebrar a festa na honra de San Blas. A festividade terá lugar no campo enfronte a Carolina.

Tras estes dous anos que estiveron marcados por restricións, distanciamentos, anulacións de festexos, volve a celebrarse a festa de San Blas. Unha data moi esperada polos veciños que suporá unha nova actividade de ocio, lecer e veciñanza.

A festa dará comezo ás 13.00 horas coa misa na igrexa de Hospital. A continuación, sesión vermut no campo e a partir das 20.00 horas bar e inchables para os máis pequenos. Para amenizar esta tarde a celebración contará coa actuación do Dúo Clave de Ti.

Esta festividade está organizada polo Bar restaurante Viberti que ten rifas á venda no seu negocio.

O Dúo Clave de Ti é un dúo musical que se encarga de amenizar todo tipo de eventos, bodas, comunións, festas, feiras en toda Galicia. Realizan diferentes versións de cancións populares e actuais.