Skip to main content
Sarria

Sarria descubrirá quen é o gañador do LOTÓN hoxe, 4 de xaneiro

Por 4 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O lotón é unha iniciativa da Asociación de Comerciantes en colaboración co Concello que se encarga de promover e incentivar as compras nos comercios locais nestas datas tan sinaladas.

Entre as persoas que realizaron as súas compras nas dúas últimas semanas de decembro sortearanse 1000 euros para gastar nos negocios de proximidade da vila. Con esta iniciativa búscase premiar a fidelidade e afianzar as compras nos establecementos asociados

O sorteo levarase a cabo ante público e, a persoa agraciada, deberá gastar o premio en establecementos asociados antes do día de Rei. A persoa que gañe terá que contestar ao teléfono nun prazo máximo de dúas horas para aceptar o premio.

Mª Carmen Álvarez foi a gañadora do ano pasado, na súa terceira edición. A cal contou tan só con pouco máis dun día para facer as súas compras. Como resultado, esta veciña de Sarria mercou en nove establecementos asociados, que foron: “Calzados Gayoso, Dimar Moda, Xoguetería 123 Escondite Inglés, Zaida, Xoiería Salgado, Bicos de Fío, Electronova, Moncho Moda e Vilamey Complementos”.