Skip to main content
Sarria

A campaña solidaria do CB Sarria superou todas as expectativas

Por 5 Xaneiro, 2022Sin comentarios

Un ano máis, o Club Baloncesto Sarria levou a cabo a súa campaña solidaria no tempo de Nadal. Desta volta, contando coa colaboración de Área de Benestar Social do concello sarriao, e pensando, como é norma, nos nenos e nenas máis necesitados da contorna.

Así, lanzouse a mediados de decembro unha campaña de recollida de libros e xoguetes na que se implicou igualmente a familias non vencelladas directamente á entidade baloncestística. Pouco a pouco foise enchendo unha zona do vestíbulo do pavillón“ Novo Chanto” coas achegas de persoas incluso de fora do propio municipio, superando con creces o logrado en anos anteriores, e mantendo sempre as normas COVID19 para a súa entrega e recollida.

Onte martes 4 de xaneiro, o CB Sarria entregou todo o doado ás persoas encargadas desta labor solidaria, para que procedan a facer a súa correspondente entrega. Dende o club quérese agradecer profundamente a enorme colaboración de todas as familias e permitir así a que os pequenos e pequenas sen recursos teñan os seus xoguetes nestas datas tan propias deles e delas.

Nesta campaña encargáronse de recoller libros, contos, tebeos, películas, música, xoguetes que non se usen para destinalos aos nenos e nenas máis necesitados da contorna.