Skip to main content
Abadín

O novo punto limpo móbil en Abadín comeza a moverse polas parroquias

Por 11 Xaneiro, 2022Sin comentarios

Continúa en funcionamento con grande éxito o novo punto limpo móbil de Abadín, que xa fixo as súas primeiras paradas estes quince días nas parroquias de Corvite e Abadín e que agora visita Moncelos e Labrada.

Este novo equipamento, que foi presentado no mes de decembro e segundo explicou o alcalde, José María López Rancaño, a intención é que se desprace cada quince días a unha nova parroquia ata que remate todo o termo municipal e reiniciar o percorrido.

Este sistema está pensando para aqueles produtos que carecen de sistemas ordinarios de recollida pero que son susceptibles de recuperación ou necesitan recollerse separadamente debido ás súas especiais características, como poden ser aceites vexetais usados, téxtiles, voluminosos ou medicamentos.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda concedeu unha achega de 49.000 euros ao Concello de Abadín para poñer en marcha un punto limpo móbil, co fin de optimizar a recollida dos residuos urbanos. Esta liña de axudas da Xunta busca mellorar e ampliar a xestión de residuos especiais de competencia municipal, co fin de favorecer a súa axeitada recollida, clasificación e preparación para a reutilización. Tamén se contribúe a evitar a proliferación de puntos de vertido incontrolado en espazos naturais.

A medida vai dirixida a municipios de menos de 3.000 habitantes, que poden cubrir o 100% do custo da compra do vehículo.