Skip to main content
A PastorizaDeportes TERRACHÁXA

Asapa entrega un lote de test de antíxenos aos equipos locais antes do reinicio da liga

Por 9 Xaneiro, 2022Sin comentarios

A Asociación de Comerciantes da Pastoriza (Asapa) fixo chegar ao club de fútbol local, a UD Pastoricense, un lote de 30 test de antíxenos, que irán destinados aos xogadores dos equipos principais do club, o de Primeira Galicia masculino e o feminino de fútbol sala.

O obxectivo é colaborar cos equipos locais para a realización das probas periódicas que teñen que facer para a deteción da covid antes da volta aos campos, que ten lugar oficialmente esta fin de semana, aínda que a maior parte deles foron aprazados. De feito ao Pastoricense tocáballe xogar en Santa Cruz contra o Lourenzá, pero queda aprazado para outras datas.

As que si xogaron foron as rapazas do fútbol sala, ante o Praia de Barreiros na casa o sábado pola tarde.

Teresa Prado, como secretaria de Asapa, e Marcos García Lombardero, como presidente da entidade, foron os encargados de achegar os test ao club facendo a entrega a Kami.