Skip to main content
A Pastoriza

Comezan as obras na rúa José Yáñez García da Pastoriza

Por 31 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O Concello da Pastoriza deu comezo ás obras na rúa José Yáñez García e que consistirán na renovación dos servizos e a construción de beirarrúas.

Os traballos levaranse a cabo en 70 metros de rúa e consistirán no cambio da rede de servizos de abastemento de auga, telefonía, alumeado público e rede separativa de augas pluviais e fecais.

Estas obras teñen un orzamento de 60.000 euros e están con cargo ao Plan Único do ano pasado.

Ademais, no Concello continúase traballando nos labores de roza e limpeza, nestes últimos días en Fonmiñá, Loboso e Baltar.