Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

Imparten en Rábade un novo curso oficial de monitor de tempo libre

Por 20 Xaneiro, 2022Xuño 21st, 2022Sin comentarios

Xa está aberto o prazo para a inscripción no novo curso de monitor de ocio e tempo libre, que contará coa titulación oficial da Xunta de Galicia, que organiza Galwy xunto coa Asociación Galega de Custodia do Territorio e a Casa das Insuas, lugar no que se impartirá.

Esta iniciativa conta coa colaboración do Concello de Rábade e será impartido dende a Escola de Tempo Libre Bugallo.

Será un curso especial no que ademais se incluirá unha titulación a maiores: Especialista en educación medioambiental. Faranse prácticas e entrarase nunha bolsa de emprego.

O curso desenvolverase entre o 12 de febreiro e o 3 de abril en intensivo de fin de semana: sábados e domingos en horario de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 e 4 venres pola tarde.

Cumpriranse todos os protocolos pola covid-19. A reserva de prazas ten que facerse en info@galwy.com ou no teléfono 982 804 773.

O curso ten un prezo de 300 euros e permite o pago fraccionado.