Skip to main content
Burela

Suspendida a celebración do mercado semanal de Burela ata novo aviso

Por 9 Febreiro, 2022Sin comentarios

O alcalde, Alfredo Llano, anunciou que queda suspendida a celebración do mercado semanal dos venres desde o 11 de febreiro ata novo aviso. O Concello estalle a comunicar hoxe a medida aos vendedores que acoden a esta cita. O obxectivo é proceder á reorganización dos postos en Torrentes para mellorar a seguridade e a fluidez nesa zona. 

O rexedor explicou que “co fin de reorganizar o mercado dos venres que temos no noso concello vamos suspendelo durante un tempo, dado que hai que adaptarse á nova normativa Covid. Na zona de Torrentes vamos sinalizar ben os postos onde teñen que ir colocados, abarcando o máximo posible para dar fluidez e seguridade. Como é necesario e urxente reorganizar os postos, estamos avisando aos vendedores de que este venres xa non haberá o mercado ata novo aviso”.

Llano subliñou: “procuraremos facer a reorganización o antes posible, chamando a todos os vendedores que queiran vir ao mercado para que quede dunha maneira máis definida, fluída e con maior seguridade e garantía de que todos poidan instalar o seu posto no seu sitio. Esperemos telo solucionado o antes posible para que ninguén se sinta prexudicado”.