Skip to main content
Lugo

‘Cayo Julio César’ mellor mural do mundo 2021

Por 14 Febreiro, 2022Sin comentarios

O grafitti de Diego As “Cayo Julio César” cativou ao mundo enteiro e fíxose co primeiro posto do The Best of 2021 Street Art Cities que é unha plataforma global cuxa misión é promover e documentar o arte urbano no mundo. Están activos en case 900 cidades con máis de 37.000 obras de arte. Durante o último ano, fóronse compartindo os murais e traballos acadando como resultado unha selección das 100 obras de arte máis populares do 2021. Esta lista global conta con rincóns de todo o planeta, dende Dinamarca ata Sudáfrica.

Desta selección de 100 obras, a lucense acadou o primeiro posto o que lle outorga o título de mellor mural do mundo 2021. A enquisa contabilizou máis de 60.000 votos de todo o mundo e tivo unha gran repercusión en medios de comunicación.

A obra foi elaborada dentro do proxecto URBAN CORES, das concellerías de Benestar e Xuventude. Está localizada na Ronda da Muralla de Lugo no número 133. Esta obra xa fora elixida como mellor grafiti do mundo do mes de agosto.

A obra mostra a Julio César cun xesto desafiante e unha coroa de loureiro vixiando a antiga muralla sobre un muro de 20 metros de alto. Segue unha escala de grises cumprindo as normas de Patrimonio. A súa localización permite admiralo dende o alto da muralla.

A plataforma Street Art Cities é unha comunidade internacional que está destinada a compartir e atopar arte urbano. Proporciona información dos murais, da cidade, onde atopar os grafittis e outros datos de interese como o nome do artista, método de traballo, etc.