Skip to main content
Comarca RIBEIRASACRAXA

Xa se poden solicitar as axudas para a rehabilitación de vivendas na Ribeira Sacra

Por 2 Febreiro, 2022Sin comentarios

Os veciños da Ribeira Sacra que desexen mellorar o estado actual das súas vivendas dispoñen de axudas de ata 25.000 euros, que xa poden solicitar ata o 30 de setembro a través da Sede electrónica da Xunta.

Este programa de recuperación edificatoria-xestionado polo Instituto Galego de Vivenda e Solo- está dirixido especialmente aos veciños dos 25 concellos das provincias de Lugo e Ourense, que conforman esta área supramunicipal, e que disporán dun orzamento de case 570.000 euros para o actual exercicio.

As actuacións subvencionables son as obras de mantemento a fin de adecuar os edificios á normativa vixente, aquelas coas que se mellore a eficiencia enerxética das vivendas, así como as que adapten as condicións de accesibilidade. Nese sentido, invitaron aos propietarios de edificios ou vivendas situadas nesta ARI a acollerse a estes incentivos.

BALANCE CONVOCATORIA 2021
Un edificio de cinco vivendas en San Clodio (Ribas de Sil) instalou un ascensor grazas a unha achega de 26.500 euros.

Nos últimos meses se executaron 14 proxectos de construción ou reforma en sete municipios lucenses ao abeiro do ARI da Ribeira Sacra. Ribas de Sil rexistrou cinco iniciativas, cun total de nove vivendas beneficiarias; en Monforte de Lemos leváronse a cabo tres actuacións, dúas en Taboada, e as demais en Quiroga, O Saviñao, Chantada e Pantón. Suman un orzamento total de 136.700 euros en axudas.