Skip to main content
Sarria

Mad Martín Trío actuará este venres 11 no Casino de Sarria

Por 9 Febreiro, 2022Decembro 13th, 2022Sin comentarios

O Casino de Sarria ofrecerá aos seus veciños a actuación de Mad Martín Trío este venres 11 de febreiro.

Segue a promoción do talento, a cultura e a música de agrupacións galegas. Nesta ocasión os protagonistas son os integrantes do grupo Mad Martín Trío unha banda compostelá que comezou a tocar rock and roll clásico no ano 2014.

Esta agrupación tocou por diferentes zonas de Europa e España e, o venres 11 de febreiro farano no casino de Sarria cun custe de 7 euros a entrada que se pode reservar por whatsapp no número de teléfono 982886785.

Mad Martín Trío presentarán un directo enérxico, a un ritmo frenético, para desgastar a sola dos zapatos despois dunha xornada de baile intenso, con todo a desenvoltura dunha banda de anada vella.

O Casino de Sarria é un bar e albergue dende o ano 2015 e, o ano pasado incluíu na súa oferta de servizos diferentes espectáculos que suman á programación cultural da vila. O berce do talento sarriao, no só ofrecen espectáculos musicais, xa que na súa traxectoria tamén tivo lugar shows de maxia, mentalismo e outras artes.