Skip to main content
Comarca SARRIAXA

O maior investimento do Plan Único de Sarria será para a mellora de pistas e accesos

Por 3 Febreiro, 2022Febreiro 4th, 2022Sin comentarios

Os 500.000 euros do Plan Único da Deputación para o Concello de Sarria estarán destinados na súa maioría a mellorar pistas e estradas con aglomerado daqueles núcleos rurais que máis o precisan. En total serán unha ducia de localidades os que se beneficiarán destas obras que contarán con algo máis de 320.000 euros.

O día de onte serviu para celebrar unha sesión ordinaria da xunta de goberno na que se aprobaron as obras e proxectos que se realizarán cos fondos do Plan Único.

O maior investimento será para a pavimentación de vías públicas con aglomerado en Ferreiros, Rubín e Manán que terá un custe de 173.010 euros. A seguinte partida máis importante empregarase para a rexeneración dos camiños veciñais en Frades, O Sisto, Lousadela, Santo Estemo, San Martiño, Dorniz e Corvelle. Aos 150.000 euros da Deputación sumaranse 20.650 euros do orzamento municipal.

A contratación de tres tractoristas e oito operarios para servizos suporá o investimento de 129.211 euros. Os contratos terán unha duración de seis meses e, terán que realizar labores no medio rural e ríos que pasan por Sarria.

A Axuda no fogar contará cunha partida de 15.000 euros aos que se lle suma unha achega municipal de 2.000 euros e 3.000 de cotas de usuarios. Os gastos e as medidas que produce a Covid contará cun orzamento de 10.768 euros.

Trala xunta de goberno da Deputación de Lugo celebrada o pasado mes de xaneiro, Sarria conta con 40.000 euros máis de remanentes que destinará para mellorar os accesos a Currial, Betote, Vilar de Lamas, San Andrés de Paradela e Bade. Tamén investirá uns 300€ en sinais reflectantes e equipamento para o matadoiro municipal.