Skip to main content
O Incio

Os orzamentos para o Incio ascenden en 70.400 euros respecto ao exercicio anterior

Por 13 Febreiro, 2022Febreiro 14th, 2022Sin comentarios

Os orzamentos do Incio ascenden a 1.389.851 euros despois da súa aprobación no pleno extraordinario que se celebrou o pasado xoves 10 de febreiro. Este orzamente contou cos votos a favor do partido popular e a abstención dos socialista. Esta cifra aumenta en 70.400 euros a cantidade do exercicio anterior.

Unha das partidas das contas para o 2022 son 80.420 euros destinados a inversións, a esta cifra sumaranse os case 290.000 euros que lle pertencen do Plan Único da Deputación Provincial. Ademais, 43.900 euros mellorarán os servizos básicos do municipio como o cambio de luminarias ou a instalación de sistemas de bombeo da auga.

Outra das partidas será para a contratación de persoal que contará cun orzamento de 64.800 euros.

El 2022 tamén será o ano no que o Concello porá á venta uha das súas propiedades, o resultado desta acción pode supoñer un aumento de 35.000-40.000 euros nos orzamentos. Ademais, de ser unha forma de fixar poboación no rural.

Os socialistas abstivéronse a estes orzamentos ao non estar a partida das inversións especificada e considerar excesivo o aumento do 9% no persoal do Concello, considerando o actual máis que suficiente para a carga de traballo que ten a entidade. Laura Celeiro aproveitou a súa intervención para preguntar sobre o PXOM obtendo como resposta que a Xunta ten como compromiso a revisión do mesmo para a súa aprobación inmediata.