Skip to main content
Comarca TERRACHÁXA

O servizo de prevención de drogas organiza un obradoiro virtual para familias

Por 11 Febreiro, 2022Sin comentarios

O servizo de prevención de condutas adictivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organiza uns obradoiros online dirixidos a nais e pais para traballar sobre a comunicación e a autoestima.

Estes obradoiros serán impartidos de xeito online (a través da plataforma zoom) para facilitar a participación e conciliación por parte de nais e pais. Mercedes De Santaló, educadora de Disciplina Positiva certificada en familias, aula e primeira infancia será a persoa encargada de dirixir os obradoiros.

Neste obradoiro abordaranse os contidos vinculados á “comunicación continxente” como fundamental para crear unha relación segura; como redirixir as rabietas ou explosións emocionais; a firmeza e o respecto ante os nenos, a escoita activa, a comunicación restauradora e, ademais, resolveranse dúbidas e compartiranse impresións.

As sesións terán lugar os días 22 de febreiro e 22 de marzo, de 17.00 a 18.30 horas.

As persoas interesadas en asistir deberán inscribirse en prevenciondrogas@rabade.org antes do 18 de febreiro.