Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

Supervisan a renovación das pistas de tenis do club fluvial de Friol

Por 19 Febreiro, 2022Febreiro 20th, 2022Sin comentarios

A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, achegou 30.660 euros ao Concello de Friol para renovar a pista de tenis do club fluvial.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, acompañado do alcalde de Friol, José Ángel Santos, comprobou o resultado das obras, que incluíron a substitución do pavimento, das redes e de todo o peche perimetral. A actuación foi realizada pola entidade local a través dun convenio co Goberno galego, que contribuíu co 80% do investimento.

Arias destacou o apoio aos concellos para modernizar as súas infraestruturas deportivas. Nese sentido, lembrou que a Administración autonómica tamén vén de investir 47.500 euros na mellora da cuberta e das instalacións do pavillón do CPI Dr. López Suárez de Friol, unha actuación que tivo un custo de 95.000 euros, sufragados ao 50% entre Xunta e Concello.

Neste exercicio 2022, a Secretaría Xeral para o Deporte conta cun orzamento inicial de 32.489.463 euros, dos que 11,3 millóns de euros van destinados a obras de construción e reforma de infraestruturas deportivas, un 24% máis que en 2021.