Skip to main content
As PontesComarca TERRACHÁXA

Incorpórase a coordinadora do proceso de transición xusta

Por 6 Febreiro, 2022Febreiro 7th, 2022Sin comentarios

Nuria Llamas atópase xa traballando en contacto cos 19 concellos (18 da provincia da Coruña e un de Lugo) que forman parte destes procesos en Galicia: o relacionado co peche da central de Meirama, en Cerceda, o vencellado ao peche da central térmica das Pontes.

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, anunciou a incorporación da axente que coordinará dende Galicia os procesos de transición xusta co obxectivo de que se materialicen no territorio os fondos comprometidos.  José Miñones reiterou o compromiso do Goberno “para que os fondos dispoñibles teñan o máximo impacto nos territorios afectados”; é dicir, para que todas as iniciativas privadas “teñan unha utilidade pública, baseadas no emprego, respecto ao territorio, sostibilidade e recursos públicos”.

O delegado mantivo unha reunión esta semana coa técnica Nuria Llamas, que xa se atopa dende xaneiro en Galicia contratada polo Instituto para a Transicion Xusta, organismo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico. Esta profesional xa comezou a contactar cos 19 concellos (16 da provincia da Coruña e 3 de Lugo) que forman parte destes procesos en Galicia: o relacionado co peche da central de Meirama, en Cerceda, o  vencellado ao peche da central térmica das Pontes.

O delegado lembrou que esta incorporación cumpre cun compromiso do Goberno que trasladou o delegado ás administracións locais e sindicatos na reunión que mantivo o pasado mes de novembro en Ferrol e na que participou tamén a directora do Instituto para a Transición Xusta.

José Miñones lembrou que Galicia conta cunha asignación de 111 millóns de euros do Goberno para afrontar os retos socioeconómicos vinculados á transición cara á neutralidade climática. O obxectivo dos convenios de transición xusta é crear emprego, garantir a actividade nas áreas afectadas e fixar poboación. Para iso buscan identificar posibles proxectos, investimentos e oportunidades de emprego que garantan a reactivación da zona, baseada nun modelo produtivo diversificado e sostible, xerando novas oportunidades.

Ademáis, estas zonas tamén poderán optar ás convocatorias estatais sobre transición xusta que convoque o Ministerio con cargo ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e que suman 100 millóns de euros máis.

Os afectados pola central de As Pontes son 14 concellos: As Pontes, A Capela, Xermade, San Sadurniño, As Somozas, Mañón, Monfero, Moeche, Cerdido, Vilalba, Cabanas, Ortigueira, Muras e Ferrol.