Skip to main content
Cervo

O grupo Covagueira actuará na VI Foliada de Cervo

Por 28 Marzo, 2022Sin comentarios

A organización da VI Foliada de Cervo anuncio que contarán con Covagueira para a sesión vermú do 7 de maio, este grupo formado nas Terras do Ortegal e da Mariña Lucense farán desfrutar aos espectadores coa súa música.

A foliada dará comezo a partir das 10.00 horas na praza do Souto de Cervo, sempre e cando as condicións sanitarias o permitan. Ademais de todas as actividades dentro da foliada, haberá un obradoiro de contrución de pandeiros, impartido por Xosé Maceda.

Para máis información e inscricións, é necesario contactar antes do 10 de abril mediante correo electrónico fervenzadesargadelos@gmail.com ou no 678 957 554, xa que as prazas son limitadas.

A VI Foliada de Cervo e a Feira de artesanía e alimentación. está organizada por Fol do Raxal, Acr Fervenza de Sargadelos e Marmeladas A Morena.

Para asistir á feira con posto ou con grupo será necesaria a inscrición chamando ao teléfono 649 130 873 ou mediante o formulario web.