Skip to main content
Xove

Comeza a terceira campaña antivelutina de Xove

Por 17 Marzo, 2022Sin comentarios

A empresa Serpas comezou a terceira campaña antivelutina en Xove na que se trata dun trampeo profesional de captura de raíñas velutinas fundadoras, que son as que crean os niños e son as que hai que erradicar como medida para, senón acabar coa plaga, feito moi difícil, si para diminuir a súa presenza no territorio.

Na primeira campaña, ano 2020, rebaixouse a presenza da velutina a un 50%, na de 2021 a rebaixa chegou ao 80%. Os obxectivos para campaña deste ano sería chegar orredor do 90%, e en todo caso evitar o aumento da mesma, ousexa, traballar para unha estabilización da velutina e que a presenza da mesma sexa mínima.

Lóxicamente, a campaña vai incidir nos lugares onde se ten constancia de que inda hai velutina, e especialmente nos entornos poboacionais e nos lugares de ubicación de frutais. Neste sentido, dende o Concello animan a toda a poboación a sumarse a esta campaña, o cal axuda moito. Todas as persoas que queiran colaborar poden colocar autotrampas naqueles lugares que consideren, como entornos de vivendas, ubicación de trobos de abellas autóctonas ou plantacións frutais.

O Concello repartiu hai tempo entre todos os veciños que o pediron unhas botellas autotrampas, as cales incluían un folleto explicativo de como facelas, o cal é moi sencillo.

A campaña de Serpas vaise extender ao longo da primaveira e ata entrado xullo e lóxicamente, agora é o momento de facer a campaña, xa que é cando as velutinas comezan a instalar os seus niños.