Skip to main content
Becerreá

O IES de Becerreá contou co apoio do BNG na mobilización deste martes

Por 23 Marzo, 2022Sin comentarios

O BNG reiterou o seu apoio ás demandas da comunidade educativa do IES de Becerreá, que este martes se volveu mobilizar para reclamar á Xunta de Galiza un ensino de calidade para o rural.

A vicepresidenta da Deputación Maite Ferreiro e o deputado Efrén Castro sumáronse á concentración na que, unha semana máis, alumnado, profesorado e familias denunciaron a supresión da materia de francés no centro despois de que, no inicio deste curso, a Consellería de Educación esixira un mínimo de 5 alumnos e alumnas para ofrecer unha materia optativa.

Maite Ferreiro valorou a continuidade na loita da comunidade educativa que “levan meses celebrando concentracións os martes para frear o desmantelamento dos centros e as política da Xunta de Galiza que impiden que os mozos e mozas do rural, neste caso rapaces e rapazas das comarcas da montaña lucense, teñan as mesmas oportunidades de formación que os que viven nas cidades”

“Compartimos e apoiamos as súas reivindicación porque ademais de discriminatoria, esa situación non axuda a fixar a poboación no rural e deixa as comarcas da montaña sen futuro”, concluíu.