Skip to main content
Lugo

Hipócrita Teatro acollerá unha narración oral para adultos a cargo de Ana Carreira e Itziar Rekalde

Por 3 Marzo, 2022Xuño 21st, 2023Sin comentarios

Este sábado ás 20.00 horas Ana Carreira e Itziar Rekalde ofrecerán un espectáculo único de narración oral para adultos no Local Hipócrita.

Caleidoscopio (segredos a voces) dá nome a esta sesión de “historias sobre realidades inestables, contos sobre xentes tan irreais coma nós mesmos… instantes de vida, radiografías da paisaxe cotiá na que nos desenvolvemos cada un de nós”.

Ana Carreira, narradora, dramaturga e actriz lucense compartirá escenario, nesta ocasión, coa tamén narradora, actriz e directora vasca Itziar Rekalde:

As entradas poden mercarse no propio Local dende unha hora antes da función, ó prezo de 8€.