Skip to main content
Lugo

As Tanxugueiras actuarán o 12 de xuño no Arde Lucus

Por 11 Marzo, 2022Xuño 21st, 2023Sin comentarios

As Tanxugueiras serán un dos pratos fortes musicais da festa do Arde Lvcvs deste ano. O concerto do trío galego, integrado por Aída Tarrío e as xemelgas Olaia e Sabela Maneiro, será o vindeiro 12 de xuño na Praza de Santa María.

A actuación será de balde. As Tanxugueiras son tres mulleres galegas, fortes, valentes e empoderadas, que non só están a achegar a cultura galega á xente máis nova, o que permite que arraigue un sentimento de amor e respecto pola identidade, senón que poñen a Galicia no mapa español e internacional.

O seu talento xa ten a súa marca na cidade, xa que con elas se bautizou a nova pasarela que une a trama urbana co Miño, a Tanxurela, e tamén teñen unha placa co seu nome na Rúa Menorca.

O Arde Lvcvs regresa con toda a súa forza nesta edición co obxectivo de revitalizar os sectores cultural, hostaleiro e de ocio atraendo á cidade actuacións de gran nivel.

O Arde Lvcvs encargase de divulgar o patrimonio e a historia da cidade.

TANXUGUEIRAS

Sabela, Aida e Olaia Maneiro tres cantareiras para unha nova década. O trío recolle o legado das pandeireteiras, as mulleres que traballaron por manter viva a música tradicional galega, para revisionalo e lanzarllo de novo ao mundo nunha explosión de modernidade, contando cun estilo épico e unha forza ancestral que as fixo triunfar xa en escenarios de varios países.

Aválanas éxitos como ‘Midas’, ‘ Figa’, ‘Averno’ (colaboración con Rayden) ou ‘Terra’ (con máis de 11.000.000 de escoitas nas plataformas dixitais a finais de xaneiro), tema co que se alzaron como favoritas do público no Benidorm Fest, competindo por ir a Eurovisión con artistas como Rigoberta Bandini, Chanel, Varry Brava ou Javiera Mena. Todo formará parte do seu novo disco, que verá a luz neste 2022 e co que presentarán un ‘potentísimo’ show. Nel mostrarase a nova sonoridade creada pola banda, da que xa deron parte en directo en Manresa, Castelló, ou Porto e Setúbal (Portugal).