Skip to main content
Lugo

Nova exposición de Pena Romay na Galería Nova Rúa de Lugo

Por 17 Marzo, 2022Sin comentarios

A Galería Nova Rúa de Lugo abre este venres, 18 de marzo, unha exposición do artista lucense José Manuel Pena Romay, baixo o título Diálogos coa cidade contemporánea. A inauguración terá lugar ás 20.00 horas na galería coa presenza do autor.

A obra do lucense Pena Romay percorreu numerosas localidades da xeografía galega con varias das súas mostras, como Pinturas e esculturas, Xeometrías, Pinturas e Gravados, Arquitecturas, Oleo, tinta, papel, etc. De feito, estivo tamén en 2013 nesta mesma galería e formou parte de varias exposicións conxuntas.

Pena Romay, nacido en Lugo en 1952, estudou formación profesional e enxeñería, desenvolvendo a súa actividade laboral como técnico na industria eléctrica, e compaxinando esta faceta coa pintura, a súa gran paixón. Aínda que a súa formación artística é autodidacta, compleméntaa con talleres de pintura, debuxo e técnicas de gravado.

Foi galardoado con distintos premios, accésit e mencións de honra en diversos certames de pintura. Realizou ilustracións para a obra poética de Xosé Otero Canto, Nesta silandeira Cremalleira de auga (Río Miño), e para a revista poética Lucense Xistral.