Skip to main content
Lugo

Lugo dedicará un espazo público ao profesorado para recoñecer o seu labor

Por 19 Marzo, 2022Sin comentarios

Lugo brindará unha homenaxe ao profesorado e ao seu labor docente. Este recoñecemento se plasmará nun espazo público da cidade dedicado a este colectivo e ao ensino, para evitar que a sociedade se esqueza a importante aportación da docencia ao desenvolvemento integral das persoas e ao progreso social.

A rexedora adquiriu este compromiso co sindicato de docentes do ensino público ANPE Lugo, con cuxa presidenta Mercedes Martínez mantivo unha reunión e que lle trasladou esta petición.

Con este recoñecemento porase en valor o traballo desenvolvido polos profesores nunha tarefa tan fundamental como a educación. Xa que forman, ensinan e transmiten coñecementos e valores desde a infancia. O labor diario de centos de docentes é a pedra angular do sistema educativo, tendo en conta a sobrecarga de traballo que tiveron que paliar nestes dous últimos anos nos que realizaron un inxente esforzo pola pandemia en escenarios cheos de incerteza e de incomodidades para exercer o seu traballo e motivar ao alumnado.