Skip to main content
Lugo

Ciudadanos levará unha proposta ao pleno para desconxestionar o tráfico na zona de Fontiñas

Por 24 Marzo, 2022Sin comentarios

O concelleiro de Ciudadanos, Juan Vidal-Pardo, anunciou esta mañá que o seu grupo propoñerá no próximo pleno ordinario que o goberno local desenvolva a bolsa de chan que existe entre Catasol e Sanxillao para desconxestionar o tráfico na zona de Fontiñas. “Concluír o trazado da avenida Vila Verde Cidade de Portugal, aproximadamente 320 metros de rúa, supoñería unha transformación urbana de gran calado para a nosa cidade. Estamos a falar dunha vía de importante capacidade preparada para asumir gran parte do tráfico no eixo sur-norte da cidade con todo o que iso implica. Ademais o desenvolvemento desta zona completará o armazón urbano dando saída tanto aos vehículos e aos cidadáns cara ao centro da cidade desde unha avenida de Fontiñas totalmente saturada que desde hai ano supón un embude no fluxo de Lugo. Se queren mellorar Lugo e realmente cren que diminuír as emisións é posible, esta é a súa gran oportunidade”, sinalou o edil da formación laranxa.

“É necesario que o Goberno non poña escusas. Tanto PSOE como BNG deben ser valentes e apostar por un proxecto, que a diferenza doutras ocorrencias cosméticas de Méndez e Arroxo, si supoñería unha transformación estrutural da nosa cidade e que achegaría solucións á conxestión do tráfico en Fontiñas, ampliaría de forma exponencial as prazas de aparcamento e humanizaría unha zona de gran potencial residencial e de esparexemento que actualmente se atopa chea de maleza e encerrada entre muros. Estes dous polígonos, de 14.728 e 10633 metros cadros, están catalogados no PXOM como zona de iniciativa pública. De feito o prazo fixado para o seu desenvolvemento foi superado desde hai anos, o que implica que en caso de calquera denuncia dun veciño ou propietario que senta prexudicado por esta inacción, a Xustiza daríalle a razón forzando ao Concello a actuar. Non podemos esperar máis para actuar nesta importantísima bolsa de chan que sen dúbida transformará a zona dotándoa ademais de zonas verdes e posibilitando a iniciativa privada como motor económico”, concluíu.