Skip to main content
Lugo

Antas de Ulla retoma a Festa da Xuventude

Por 28 Marzo, 2022Sin comentarios

Antas de Ulla retoma a súa Festa da Xuventude coa cuarta edición que terá lugar o 13 de abril. Pola tarde haberá actividades para os máis pequenos e a música, de diferentes estilos, será a protagonista da xornada. Ademais, tamén ofrecerán unha masterclass de zumba. Ao longo do día e da noite actuarán distintas formacións. Na programación inclúese a senda do elefante 9.0 e haberá cea popular.

Os interesados poderán desfrutar do servizo de autobuses que contará con saídas dende dende distintas Lalín, Rodeiro, Chantada, Taboada, Monterroso, Antas de Ulla, Agolada, Melide e Palas de Rei.

A festa dará comezo ás 17.00 horas xunto ao colexio cunha festa infantil que contará con monitores, ás 19.00 horas continuará o ciclo de actividades coa senda do elefante 9.0 coa charanga Era visto. ÁS 21.00 haberá unha Masterclass Zumba na rúa nova. Na praza nova ás 22.00 horas terá lugar a cea popular formada por lacón, empanada, pan, postre, viña e auga sendo a data límite de inscrición o 10 de abril.

As 00.00 horas rematará a festa coa verbena Paris de Noia e o DJ Marcos Magán.

Ademais, no mercado da xuventude haberá postos de artesanía e alimentación.