Skip to main content
O Incio

O Rally Terras do Incio retomará a súa celebración no mes de setembro

Por 22 Marzo, 2022Sin comentarios

Tras uns meses de dedicación familiar e reflexión, os organizadores do Rally Terras do Incio están a preparar a súa décima edición. Será no mes de setembro aínda que a data está sen concretar.

Os preparativos inclúen unha mellora nos itinerarios e o descubrimento de sitios e localizacións sorprendentes agochados no municipio do Incio e o resto de Galicia.

Esta cita é un rally turístico de clásicos, que percorre zonas de gran beleza paisaxística por todo o territorio español, sole dar comezo en Lugo e recorre diferentes Comunidades Autónomas.

O Rally Terras do Incio é unha concentración de 25-30 vehículos clásicos, algúns contan con máis de 50 anos de antigüidade procedentes de diferentes puntos de España. Estes recorreran desde Astorga, parte do Camiño de Santiago e as provincias de Ourense e Lugo. Todo isto desfrutando da cultura, paisaxes e gastronomía local. Unha cita para os amantes do motor clásico e da natureza.