Skip to main content
O Incio

Aberto o prazo de inscrición para a Casa Niño Bulebule do Incio

Por 23 Marzo, 2022Sin comentarios

Xa está aberto o prazo de inscrición para a Casa Niño Bulebule do Incio. O prazo de inscrición pechará o 21 de abril. Poden recoller o formulario de inscrición na rúa Rodeiro mediante cita previa chamando ao teléfono 697 306 423.

Este servizo público de atención á infancia busca permitir a conciliación da vida laboral e familiar.

Para obter máis información pódese contactar a través de Instagram ou chamando ao 697 306 423. Este servizo de atención á infancia gratuíto está impulsado pola Xunta de Galicia e financiado polo Fondo FEDER.

Na Casa Niño Bulebule os nenos realizan actividades que fomentan a psicomotricidade fina, a creatividade e a autonomía. Manteñen contacto directo coa natureza e potenciase os valores de coidado.