Skip to main content
Láncara

O Clube de Pesca Río Neira acondiciona os cotos antes do comezo da tempada de pesca

Por 14 Marzo, 2022Sin comentarios

O Clube de Pesca Río Neira está a ultimar os preparativos para o comezo da tempada 2022. O acondicionamento dos cotos é fundamental para garantir unha boa experiencia para os pescadores que se acheguen a Láncara.

Durante este fin de semana, un número de socios do clube acudiron aos cotos sen morte de Láncara e Valdriz, co fin de acondicionar o terreo. Os pescadores encargáronse de limpar e rozas as entradas ao río, limparon sinais e quitaron unha gran cantidade de plásticos do río.

A temporada de pesca fluvial en Galicia para este ano 2022 dará comezo o vindeiro 20 de marzo e rematará o 31 de xullo con carácter xeral.

O club está a realizar diferentes iniciativas para fomentar esta actividade entre os veciños, por iso, fai unha semanas levou á localidade de Pobra de San Xiao unha xornada de montaxe de moscas. Alí máis de 35 interesados, tanto socios coma non socios, puideron coñecer esta técnica de pesca.