Skip to main content
Sarria

O Concello de Sarria abrirá unha bolsa de emprego de operarios para o servizo de deportes

Por 5 Marzo, 2022Sin comentarios

O Concello de Sarria abrirá unha bolsa de emprego de operarios para o servizo de deportes co fin de ter unha lista de contactos cos que cubrir de maneira urxente as necesidades de persoal no departamento.

As funcións destes traballadores serán preparar e coidar as superficies de xogo, así como terán labores de consellería básica, bricolaxe, encargarase do mantemento, acondicionamento, limpeza e tratamento químico das instalacións onde se realizarán as actividades deportivas.

Ademais, tamén será o encargado de colocar e retirar os accesorios deportivos e de facer os cuadrantes de uso das instalacións. O prazo para presentar as solicitudes abrirase despois da publicación das bases da convocatoria no Boletín Oficial de Provincia.

A selección do persoal levarase a cabo a través dunha oposición que contará cunha proba teórica ou práctica segundo a decisión do tribunal.