Skip to main content
Cospeito

Filloeiras de Muimenta participaron na Festa da Filloa de Sada

Por 1 Marzo, 2022Sin comentarios

Un total de sete filloeiras habituais da Festa da Filloa de Muimenta acudiron a fin de semana á celebración homónima que ten lugar no Concello de Sada, que chegaba á súa edición XXXVI.

As filloeiras chairegas xa estiveron nesta celebración no ano 2016 promocionando tamén a festa que ten lugar en Muimenta o 1 de maio e que ten o distintivo de Festa de Interese Turístico de Galicia. Prepararon as filloas ao máis puro estilo chairego, que gozaron do aprezo do público.