Skip to main content
Cospeito

Filloeiras de Muimenta volverán participar na Festa da Filloa da Baña

Por 20 Marzo, 2022Sin comentarios

Un ano máis  membros do colectivo filloeiro de Muimenta estarán presentes na XVIII edición da Festa da Filloa da Pedra de A Baña, que se celebrará a próxima fin de semana.

Ao longo do ano 2019 tiveron lugar varias xuntanzas entre as organizacións das diferentes Festas da Filloa que se celebran a Galicia. Asimesmo, tanto representantes das organizacións da Filloa de Lestedo como a de A Baña participaron activamente na inauguración da última Festa de Muimenta, celebrada, como sempre o primeiro de maio.

Por iso, dende a comisión da Moexmu aceptouse o convite para participar activamente o ano pasado na Festa da Filloa da Baña, elaborando filloas, nun intercambio que se levará a cabo entre ambas festas. Así, este ano volverá ter lugar o mesmo intercambio.

O programa que se levará a cabo nesa tarde, será unha “foliada filloeira” con grupos de música tradicional da comarca e con degustación das Filloas de Muimenta.

O domingo 27 de febreiro, o recinto onde se leva a cabo a Festa da Baña abrirá ás dez da mañá, con postos de venda de diferentes productos e unha serie de actividades entre as que fiugran a música para maiores e pequenos.

A primeira edición da Festa da Filloa da Baña celebrouse o 21/03/2004, onde xa se utilizaron as pedras de granito. No ano 2007 constituiuse a Asociación Filloas da Pedra, que actualmente conta con 25 socios e máis de cincuenta colaboradores. Habitualmente, celébrase o segundo fin de semana de marzo, anque este ano tivo que adiantar a súa celebración.

Acudirase ao Concello de A Baña, con carteis promocionais da Festa da Filloa de Muimenta.