Skip to main content
Cospeito

Suspendido o curso de primeiros auxilios previsto para o sábado en Muimenta

Por 22 Marzo, 2022Sin comentarios

Finalmente, deberá ser suspendido o obradoiro de primeiros auxilios dirixido á poboación en xeral que tiña prevsito celebrarse na casa da cultura de Muimenta o 26 de marzo de 10.00 a 14.00 horas.

Os obxectivos do curso céntranse en adquirir coñecementos básicos sobre o manexo de situacións que requiran actuación de primeiros auxílios básicos e en aclarar dúbidas referentes os primeiros auxilios.

Explicarase como chamar ao 061, a asistencia inicial ante un traumatismo, feridas, hemorraxias, convulsións, crises epilépticas, dificultade respiratoria (ansiedade, crisis asmática), dor torácica, queimaduras e escaldaduras, perdas de coñecemento, hipoglucemias, reaccións alérxicas, intoxicacións, reanimacion cardiopulmonar básica en adultos e infancia, atragantamento e recoñocemento dunha PCR.

A docencia estaba ao cargo de Marta Fernández López, enfermeira asistencial da Base de Lugo do 061 Galicia.