Skip to main content
A Pastoriza

A Asapa organiza a I Festa da Xuventude na Pastoriza

Por 31 Marzo, 2022Abril 1st, 2022Sin comentarios

A Asociación de comerciantes e empresarios da Pastoriza está a traballar na organización da que será a I Festa da Xuventude e que terá lugar o sábado 21 de maio nesta localidade.

Segundo explican dende a dirección deste colectivo, están a pechar o programa desta celebración na que haberá sesión vermú ás 13.45 horas, comida na praza do Concello e pola tarde actuación dunha charanga. Pechará a xornada a actuación dun dúo e a discoteca móbil.

A Asapa está aínda a rematar o programa e o cartel desta celebración coa que se pretende incentivar a vida cultural do Concello.

A asociación está a preparar tamén camisetas conmemorativas desta celebración que están a vender a 10 euros como unha forma tamén de sufragar os gastos da celebración. Hai tallas para nenos da 5 á 10 e de adultos da S ata a 3XL.

Estas véndense na gasolinera da Pastoriza, Muselina Moda e no salón de beleza Lisonxa.

Por outra parte, este organismo ten pechada xa a celebración da proba puntuable do Campionato Galego de andadura federada, promovido pola Federación e Hípica Galega, que terá lugar na Pastoriza o día 4 de xuño.

Será a cuarta proba dun circuíto que percorrerá tamén Ortigueira, As Somozas, O Valadouro e Viveiro.